A festa da pataca reúne a distintas empresas produtoras vinculadas á marca Terra Atlántica

A festa da pataca reúne a distintas empresas produtoras vinculadas á marca Terra Atlántica

Coristanco celebrou esta fin de semana unha das súas datas sinaladas no calendario: a festa da pataca. Produto senlleiro da zona que destaca pola súa calidade, a festa da pataca desenvolveu a súa 42 edición como espazo gastronómico e Festa de Interese Turístico de Galicia.

Nesta edición destacaron, ademais do recoñecemento á excepcional calidade da pataca de Coristanco, o recoñecemento ás mulleres rurais e á tradición agrícola.

Verxel Galego e La Despensa d’Lujo, empresas produtoras vinculadas á marca do territorio Costa da Morte – Terra Atlántica participaron nesta edición, salientando a calidade dos produtos e a súa participación en distintas iniciativas de posta en valor do rural e dos produtos da Costa da Morte.

 

No Comments

Post A Comment