A socia Bela Fisterra, único hotel seleccionado polo comisariado da exposición “Galicia Futura: todo o que imos ser” da Fundación Cidade da Cultura

A socia Bela Fisterra, único hotel seleccionado polo comisariado da exposición “Galicia Futura: todo o que imos ser” da Fundación Cidade da Cultura

Galicia Futura, a mostra
No marco da proposta da Xunta de Galicia na Fundación Cidade da Cultura de Galicia neste Xacobeo 21-22, a mostra “Galicia Futura, todo o que imos ser” toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fitos e ideas innovadoras que xa están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda. O hotel Bela Fisterra, empresa asociada á Terra Atlántica, é unha das empresas seleccionadas no marco desta mostra.

O establecemento suma este recoñecemento a oito premios anteriores e constitúese como gran dinamizador cultural da zona ademais de nunha referencia en prácticas sostibles, respecto á paisaxe e a recuperación da súa contorna.
O Hotel Bela Fisterra é o único de Galicia que foi seleccionado polos comisarios para a mostra Galicia Futura, que ofrece unha panorámica dos nove edificios máis evolucionados na comunidade respecto a os criterios de sustentabilidade, creatividade, o talento empregado e a adaptación á paisaxe. Bela Fisterra é un hotel de dezaseis habitacións situado a pé da praia Langosteira. Foi deseñado e construído polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco no ano 2018.
O hotel, onde cada unha das habitacións están adicadas á literatura e o mar, evoca a arquitectura tradicional das conserveiras e fábricas de salgaduras. Dous módulos rodean un patio central onde historicamente situábanse os tanques de auga para tratar o peixe. Hoxe ese espazo é un acumulador de auga de choiva que se redistribúe a todo o edificio para garantir o reaproveitamento pluvial.
A súa presenza en Galicia Futura únese aos oito premios de deseño -catro deles internacionais- coas que foi recoñecido xa o hotel, que tamén representou a España na Bienal Internacional de deseño.

 

Bela Fisterra

O Bela Fisterra, que se converteu nun dinamizador cultural da zona coa organización de recitais de poesía, concertos, presentacións literarias, eventos enolóxicos e gastronómicos, é unha aposta pola contorna, o deseño, a cultura e a sustentabilidade, con sistemas de xeotermia, placas fotovoltaicas, produtos de proximidade e condicións especiais para a atención ás mascotas. Miguel Ángel Cagigal, comisario da exposición, destaca que a presenza do Bela Fisterra é un exemplo de “arquitectura responsable que enraíza coa tradición e a arquitectura propia do lugar e coas propias tradicións da arquitectura industrial do lugar”. Pola súa banda, os arquitectos do hotel consideran que “é un proxecto cunha formulación especial que, sen esquecer a arquitectura tradicional feita en Galicia á beira do mar, aposta por novos materiais e novas formas de apertura á paisaxe”.
O seu propietario, Pepe Formoso, considera que o proxecto do hotel “contribúe, modestamente, a facer un mundo mellor mediante a súa aposta polo sostible e a dinamización da nosa contorna”.

A exposición

A exposición está aberta ao público no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia ata o vindeiro 9 de xaneiro de 2022, pode revisarse toda a información aquí.

Unha mostra máis do potencial da Costa da Morte, PARABÉNS!

No Comments

Post A Comment