02 Xuñ Un domingo diferente na Costa da Morte: creación colectiva, pintacaras para cativas e obradoiro de creación colectiva na Terra Atlántica
Este domingo 5 de xuño Terra Atlántica -a marca de territorio da Costa da Morte- organiza un laboratorio artístico ao abeiro da súa programación anual. Será no Ecomuseo do Forno do Forte en Buño a partir das 11 da mañá cando un grupo de artistas crearán pezas que representen os valores da Costa da Morte.
Xa á tarde, a partir das 16h, comezarán as actividades orientadas ao público infantil e familiar, cun pintacaras de 16 a 20h. Ademáis, en sesión de 17 a 18h Olmo Blanco impartirá o obradoiro Pintar o lugar coa cativada onde elixirán entre todas os que consideren os elementos máis representativos da Costa da Morte para despois representalos empregando técnicas como a pintura, o debuxo ou o collage.
Que mellor plan que un domigo gozando da Costa da Morte con toda a familia? Vémonos en Buño!
No Comments