Terra Atlantica - Bela Muxia Q de Calidade

Bela Muxía, o primeiro e único albergue de 1ª categoría de España coa Q de Calidade

O único albergue de España de 1ª categoría coa Q de Calidade, podería estar en calquera punto da xeografia española, pero está en Muxía! E, ademais, a súa empresa propietaria está asociada á marca Costa da Morte Terra Atlántica.

A través da consecución da Q, o Albergue Bela Muxía recibe o recoñecemento ao esforzo realizado na implantación dun sistema de calidade mediante o selo da Q de Calidade Turística, no que levan traballando máis dun ano.

Unha vez evidenciado o cumplimento dos requisitos técnicos que a norma dicta, e mediante unha auditoría externa levada a cabo pola empresa homologada SGS, desde Bela Muxía implementouse o novo sistema de xestión orientado ao servizo do cliente e á mellora continua.

Garantía de calidade

Os establecementos avalados pola “Q de Calidade” aseguran que a súa prestación de servizo é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade, aspectos diferenciadores que nun futuro próximo, como é o presente Ano Santo, serán a chave ao éxito, todo isto para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.

A obtención da marca implica a nivel externo para os establecimentos un aumento da satisfacción da súa clientela (fomentando a fidelización directa e indirecta), unha mellora na reputación da organización e a ostentación dun sello diferenciador frente á sua competencia.

A nivel interno, mellora a xestión e eficacia das actividades que se realizan, optimiza os recursos, motiva ao persoal e establece un sistema para controlar de forma eficaz o desempeño da organización.

No Comments

Post A Comment