01 Out Casa de Verdes: a fusión perfecta de contorna e instalacións
Cabana de Bergantiños é o lugar onde en 1921 Ramón Verdes construíu a súa casa de labranza. Hoxe en día os seus descendentes, con Daniel Rodríguez á fronte, ofrecen aloxamento rural na mesma casa, totalmente restaurada e con moitas máis comodidades, pero mantendo tanto o aspecto de cando chegou ás súas mans, coma o nome familiar: Casa de Verdes.
Actualmente dispón de sete habitacións dobres, todas elas con baño, calefacción, fiestra ao exterior, e internet. Na planta principal están a cociña, o comedor cunha cheminea e a zona da lareira con sofás, “sendo este o recuncho que máis gusta da casa”, cóntanos Daniel. Ademais, ten un aparcamento, un xardín con columpios para os máis pequenos e unha zona de barbacoa baixo cuberto. A casa pódese alugar completa ou por habitacións, contando tamén cun apartamento e adaptándose así ás necesidades de cada cliente. A súa localización é por riba “un aliciente más para completar unha fusión perfecta, explícome, unha casa rural con unhas boas instalacións e que está situada na mellor das contornas, a Costa da Morte, é unha fantástica combinación. O que tratamos é de poñer en valor o que nos rodea”.
Terra Atlántica pareceulles unha boa oportunidade de potenciar os recursos da zona gañando visibilidade por fóra da provincia, e agardan obter “entre todos bos resultados para todas as marcas implicadas, que a xente descubra a zona da Costa da Morte. Que sexa un referente de turismo polo clima, actividades ao aire libre, gastronomía, produtos km0, servizos, etc.”. Como ben merece!
No Comments