Celébrase a xornada 8 Romarías

Celébrase a xornada 8 Romarías

O pasado venres celebrouse, na Escola de Hostalería de Carballo, a xornada de exaltación 8 Romarías. Este espazo tivo por obxectivo promocionar, de maneira conxunta, distintos sectores estratéxicos da Costa da Morte: agro, mar, artesanía, cultura e patrimonio.

Logo dunha benvida a cargo de Maruxa Suárez, Concelleira de cultura e festas de Carballo; e Manuel Muíño, presidente do GDR Costa da Morte; a centralidade da xornada correu a cargo de Miguel Silvarredonda. Tomando como inspiración as Romarías da Costa da Morte, degustáronse distintas propostas culinarias que representan estes elementos culturais e tradicións, para continuar dándoas a coñecer e fortalecéndoas.

Costa da Morte – Terra Atlántica, a través desta iniciativa, trata de continuar promovendo o desenvolvemento local e de aproveitar os recursos culturais e tradicións, xerando relatos que formen un novo produto turístico coa gastronomía como elemento motor ao que sumarlle novos elementos, como a música tradicional ou a tradición oral.

No Comments

Post A Comment