cocinas jocar costa da morte

Cocinas Jocar: 34 anos de deseño e servizo personalizado

Terra Atlántica acolle unha empresa cunha longa historia en ofrecer o mellor deseño e o mellor servizo: Cocinas Jocar. A súa premisa “creamos espazos felices” esténdese dende os seus dous establecementos localizados en A Piolla (Cabana de Bergantiños), con 600 m2, e A Coruña, con 220 m2, e a súa fábrica, situada no Polígono de Bértoa (Carballo), aos fogares de multitude de clientes satisfeitos.

José Carlos González, fundador e conselleiro delegado, explica que Jocar naceu hai 34 anos coma un taller de carpintería e mobles que co tempo derivou na especialización no amoblamento para cociñas. A súa actividade foi ampliándose para abranguer, ademais do propio deseño, fabricación e venda de mobles de cociña, o amoblamento de baños, a transformación de Solid Surfaces, e a distribución oficial da marca Corian, de superficies lisas sen ningún tipo de xunta. A filosofía de Cocinas Jocar está no deseño e o servizo personalizado, de feito, afirman “non temos vendedores senón deseñadores”.

Para eles, a Costa da Morte é “a mellor zona para contar cos mellores profesionais posible”. Aplauden a creación de Terra Atlántica, que lles parece unha “unha gran iniciativa”, e agardan que proporcione coñecemento da marca, unión con outras empresas “e sentirnos, se cabe, mais orgullosos da nosa comarca”.

No Comments

Post A Comment