Terra Atlántica lanzará en xullo un concurso en RRSS para centros de ensino
16484
post-template-default,single,single-post,postid-16484,single-format-standard,bridge-core-1.0.4,do-etfw,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,side_area_uncovered_from_content,qode-theme-ver-18.0.9,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-5.7,vc_responsive
Concurso_Instagram_CostadaMorte banner

Terra Atlántica organiza en xullo un concurso en Instagram para centros de ensino

A marca Costa da Morte Terra Atlántica lanzará o próximo 1 de xullo un concurso en Instagram, no que poderán participar todo o alumnado matriculado durante o curso 2019-20 nos centros de ensino dos 17 concellos que forman parte do GDR Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a Costa da Morte, capturando a identidade, valores emocionais ou características desta terra a partir das imaxes e vídeos que suman as persoas usuarias.

No seguinte enlace podes consultar as bases legais completas para participar no concurso:

>> BASES DO CONCURSO <<

Á parte, a continuación achegamos un resumo das bases (que non exime de ler as bases completas):

Resumo_Bases_Concurso_Instagram_CostadaMorte

>> Podes descargar aquí o documento de consentimento paterno para a protección de datos de menores.

Sen comentarios

Publica un comentario