Costa da Morte-Terra Atlántica celebra un Showcooking da man de Beatriz Sotelo

Costa da Morte-Terra Atlántica celebra un Showcooking da man de Beatriz Sotelo

Costa da Morte-Terra Atlántica continúa traballando en iniciativas para por en valor a riqueza do territorio e a mostrar todo o seu patrimonio cultural e ambiental. Despois das diversas accións e dos eventos que se levaron a cabo dende a primavera deste ano, como o Laboratorio Artístico celebrado no Ecomuseo Forno do Forte de Buño o pasado mes de xuño ou o Concurso Aventura en agosto, clausuramos esta tempada coa celebración dun Showcooking da man da Chef do grupo Nove, Beatriz Sotelo, que nos fará unha mostra de diferentes receitas, sinxelas e deliciosas,  que se poden preparar cos produtos da zona e, que proveñan de produtores e produtoras asociadas á Marca.

Á intención de todas as accións e eventos que organiza Terra Atlántica é amosar as numerosas posibilidades que existen na Costa da Morte para divertirse, entreterse e gozar. Neste caso, pechamos cun evento gastronómico para potenciar os marabillosos produtos que medran na Costa da Morte,  da man dos empresas distribuidoras adheridas á Marca.

Participación

O evento celébrase o sábado 15 de Outubro nas Torres do Allo (Zas) de 12:00 a 14:00/15:00 horas da tarde. Para poder asistir é preciso enviar un correo electrónico cos datos persoais a comunicacion@terratlantica.gal. O aforo é limitado. O acceso ao evento será por orde de entrada dos correos electrónicos. Para asistir ao día do evento é preciso ter o convite de confirmación remitido pola organización.

Con esta iniciativa a Marca de Territorio da Costa da Morte quere darlle visibilidade a todas as empresas socias e a todos os produtos e servizos da Costa da Morte, para promover o crecemento da mesma e ser líderes na zona.

No Comments

Post A Comment