Costa da Morte – Terra Atlántica converte as romarías en receitas

Costa da Morte – Terra Atlántica converte as romarías en receitas

A marca Costa da Morte – Terra Atlántica é unha iniciativa que pon en valor as empresas e iniciativas de referencia no territorio. Arredor da marca aglutínanse experiencias e produtos locais que fortalecen o territorio, consolidando a identidade e a singularidade da Costa da Morte.

Neste marco, a pasada semana celebrouse unha xornada aunando produto do agro, gastronomía local, artesanía e cultura, na que participaron as entidades locais do territorio e representantes das Comisións de Festas. O alumnado do IES Ramón Caamaño de Muxía interpretou receitas vencelladas ás 9 romarías da Costa da Morte, construíndo un vínculo entre o produto local, as tradicións, e as persoas implicadas no desenvolvemento das festas.

No Comments

Post A Comment