
15 Xul Costa da Morte – Terra Atlántica estrea redes sociais
Dende hoxe a marca territorio “Costa da Morte – Terra Atlántica” terá maior presenza no mundo dixital, grazas ao nacemento dos seus perfís nas principais redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram. A estrea forma parte das accións previstas de promoción da marca e vén acompañada de actualizacións da nosa web, xa en funcionamento dende o mes de maio.
As novas redes sociais nacen como unha nova fiestra da Costa da Morte ao mundo, dende a que se pretende dar a coñecer o territorio, o proxecto Terra Atlántica e tamén servir de altofalante para as empresas da zona, moitas das que están xa solicitando a súa adhesión.
Impulsada polo GDR Costa da Morte, esta iniciativa para a creación dunha marca territorio busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos ou servizos de empresas da Costa da Morte. Esta xornada foi a culminación do traballo que se vén realizando desde 2018 e forma parte dun conxunto de actividades que se iniciaron en maio e se van seguir desenvolvendo no resto do ano, cun acto central de presentación pública da marca que terá lugar a comezos de outono.
No Comments