presentación terra atlántica jornadas viajeras galicia

Costa da Morte – Terra Atlántica participa nas Jornadas Viajeras de Galicia

A fin de semana pasada o Museo MARCO de Vigo acolleu a segunda edición das Jornadas Viajeras de Galicia, organizadas por Galicia Travel Bloggers (Galicia TB).

O encontro, que foi inaugurado por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, transcorreu nun formato con distintas charlas, mesas redondas e relatorios de profesionais de viaxes e turismo. A marca Costa da Morte – Terra Atlántica foi convidada para presentar o proxecto, o cal despertou grande interese entre as persoas asistentes.

Impulsada polo GDR Costa da Morte, esta iniciativa para a creación dunha marca territorio busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos ou servizos de empresas da Costa da Morte. A participación neste evento forma parte das accións de promoción previstas para este 2019, que seguirán a desenvolverse durante todo o verán e culminarán nun acto central de presentación pública da marca, que terá lugar a comezos de outono.

No Comments

Post A Comment