Dorinda Moledo A Costa das Mulleres

O proxecto ‘A Costa das Mulleres’ preséntase hoxe, Día da Muller Rural Galega

Hoxe Día da Muller Rural Galega, ás 11.30h, na Casa da Cultura de Vimianzo, presentarase oficialmente o proxecto audiovisual “A Costa das Mulleres”. Impulsado polo GDR Costa da Morte e pola asociación GDR de Galicia, está composto por un total de oito pezas audiovisuais cun mesmo fío condutor: o papel das mulleres na Costa da Morte, dende diferentes perspectivas laborais e vitais.

a costa das mulleresO obxectivo principal desta acción é recoñecer ás mulleres desta comarca e o seu papel no desenvolvemento social e económico da zona. As protagonistas, Lucía e Lilian Quintela de Carnota, Florentina Atán de Mazaricos, Dorinda Moledo de Dumbría, Carmen Riveiro de Zas, Teresa Ferreira de Vimianzo, Josefa Carrera de Muxía, Isabel Tomé de Cee e Loli Fernández de Carballo, contan nos vídeos as súas experiencias de vida desde os seus distintos puntos de vista.

Os vídeos estarán dispoñibles na súa canle de Youtube a partir da hora da presentación, e o proxecto pode seguirse no seu perfil de Facebook.

No Comments

Post A Comment