Ecogas Costa da Morte

Ecogas Norte: especialización técnica cos mellores resultados

Os profesionais de Ecogas Norte levan xa 25 anos no sector, e iso nótase. Dende a súa oficina de Carballo, Manuel Amado cóntanos que “despois de tanto tempo traballando por toda España, sentimos a necesidade de crear unha empresa entre dous compañeiros para ofrecer os nosos coñecementos e bo facer na nosa comarca”.

Ecogas Terra AtlanticaA experiencia que achegan eses anos no sector e esa necesidade de aplicar na súa terra os coñecementos adquiridos materializouse no 2015, cando decidiron fundar Ecogas Norte e comezar a traballar na Costa da Morte. Actualmente ofrecen servizos de instalación de calefacción, fontanería e gas, sendo especialistas en traballos verticais e calefacción de renovables, coa que buscan ofrecer aos clientes solucións económicas ao tempo que respectuosas co medio ambiente. Sempre apostando por produtos e materiais da zona, ademais dos servizos de instalación, mantemento e reparación, tramitan certificados para altas de subministro de gas natural, encárganse das revisións obrigatorias, e no seu catálogo pódense atopar motores de pozos, billas e accesorios, loza sanitaria, caldeiras e calefaccións.

A Costa da Morte para eles implica “o bo facer das xentes da comarca, a responsabilidade e os bos produtos, por iso nos comprace formar parte desta marca”, afirma Manuel. Apostan porque Terra Atlántica proporcionará visibilidade e creación de negocio entre as súas empresas adheridas, ás que agardan poder aportar ideas para mellorar. Seguro que así é.

No Comments

Post A Comment