Elias Asesores equipo

Elías Asesores: solucións reais para as necesidades inmobiliarias de cada cliente

Se estás a pensar en vivir na Costa da Morte (cousa que, por suposto, recomendamos), non dubides en poñerte en contacto con Elías Asesores. A inmobiliaria está especializada en atopar os mellores pisos e casas para alugar ou mercar na zona, incluíndo Comarca de Soneira, Bergantiños, Xallas e Fisterra.

Elias Asesores oficinaA empresa, cóntanos Alfonso J. Villar, xurdiu en 1989 como unha asesoría de pequenas empresas e autónomos que hai cinco anos creou un departamento específico de servizos inmobiliarios para atender á demanda existente. Hoxe en día teñen en Zas “unhas instalacións independentes da asesoría de empresas, dende as que se ofrece unha xestión mais profesionalizada”, con servizos complementarios de xestión de comunidades e asociacións sociais e profesionais. O seu compromiso é “ofrecer calidade e garantía a todos os demandantes de servizos inmobiliarios na Costa de Morte, compromiso que, neste caso, só pode dar o noso coñecemento e cercanía de todas as Comarcas que conforman a Costa”.

En Elías Asesores, Terra Atlántica “entendémola como un plus para todos os que prestamos servizos desde a Costa da Morte, pois o recoñecemento deste territorio cada día vai a máis e debémonos sentir orgullosos desta terra que ten un gran potencial de crecemento”. Decidiron unirse e “poñer noso gran de area para contribuír a facer unha marca que nos dea prestixio a todos os habitantes deste territorio”. Amosar que dende aquí se tenunha forma de ser, de estar e de traballar, distinta”. Efectivamente!

No Comments

Post A Comment