Empresas adheridas a Terra Atlántica participan na Horta da Laracha

Empresas adheridas a Terra Atlántica participan na Horta da Laracha

O Concello da Laracha celebrou a fin de semana a sétima edición da Horta da Laracha, un espazo no que destacar a produción local e a calidade dos produtos da horta do territorio. Nesta edición participaron empresas da adheridas a Terra Atlántica – Costa da Morte, que aportaron á feira o seu produto de proximidade e intercambiaron contactos con outros profesionais.

Horta da Laracha ampliou a programación, complementando a presenza das produtoras e produtores con obradoiros, artesanía, música e showcooking nos que compartir coñecementos arredor dos excepcionais produtos da horta. Ramisquido & Medoña, Horta da Táboas, Agropecuaria Nela e Verxel Galego puxeron en valor as súas producións, caracterizadas por un gran nivel de profesionalización, incorporando xente nova, fixando poboación e xerando emprego e riqueza no territorio.

Verxel galego

Ramisquido & Medoña

Agropecuaria Nela

Horta das Táboas

No Comments

Post A Comment