Obradoiro Cerviño é unha empresa creada por Francisco Cerviño Sánchez, un artesán novo dedicado á fabricación de instrumentos musicais tradicionais. A empresa ten unha traxectoria duns dez anos traballando nesta actividade e conta con carta artesán desde o ano 2012. O destino da produción é tanto para empresas ou tendas da comunidade autónoma como para particulares e tamén exporta para outros países.
Artesanía.
Produción de instrumentos tradicionais galegos.
Panderetas, pandeiros, pandeiras, bombos, tamboriles e outros instrumentos de percusión e de corda. Reparación de guitarras, etc…