Empresa familiar que pasou de xeración en xeración adaptándose os tempos. En plena aplicación do réxime de cotas lácteas e coa necesidade de modernizar os cortellos e o sistema de muxido, reconvertérona á produción exclusiva de carne de calidade.
Produción primaria, gandería.
Cría de gando vacún de raza autóctona rubia galega.
Terneira galega certificada co selo da IXP Tenreira Galega Suprema que garante unha alimentación dos tenreiros baseada no leite da nai e o pastoreo, así coma no benestar animal.