
22 Xuñ Terra Atlántica celebrará o 7 de xullo en Vimianzo e Buño encontros co sector da artesanía
A marca Costa da Morte Terra Atlántica celebrará o 7 de xullo encontros con profesionais e empresas do sector da artesanía, co obxectivo de sumar sinerxías dentro da marca e ver posibilidades de colaboración. Os encontros terán lugar en distintas localizacións, para desta forma chegar a un maior número de entidades e facilitar a súa presenza.
Estas son as xornadas que están previstas para ese día:
- 12:00 horas. Encontro na sede do GDR Costa da Morte, en Vimianzo.
- 18:00 horas. Encontro no Centro Comarcal de Bergantiños, en Buño.
Para realizar calquera consulta ou solicitar máis información, pódese contactar no seguinte teléfono e enderezo electrónico: 981 71 73 58 e info@terratlantica.gal
No Comments