Terra Atlántica ofrecerá formación especifica para comunicar o territorio da Costa da Morte como valor engadido nas súas empresas este mes de xullo

Terra Atlántica ofrecerá formación especifica para comunicar o territorio da Costa da Morte como valor engadido nas súas empresas este mes de xullo

Terra Atlántica, a marca de territorio da Costa da Morte, arranca o verán con formación específica para as súas empresas asociadas. Desta volta, trátase dun obradoiro práctico no que os asistentes porán en común as características do noso territorio que consideran importantes e que poden ser de interese para poñeren en valor a Terra Atlántica.

Na sesión, revisarase inicialmente o funcionamento das redes sociais máis empregadas e darase ás e os asistentes ferramentas que poidan empregar para facer transversal a Costa da Morte aos seus contidos. O territorio é unha variable a ter moi en conta á hora de desenvolver accións de marqueteo online e offline e, en tempos de grande competitividade na venda de produtos e prestación de servizos, a Terra Atlántica pode ser un aparello de grande utilidade para resaltar entre a multitude.

Cartaz formación Terra Atlántica xullo 2021

 

A sesión está dirixida tanto para empresas xa adheridas á marca como para aquelas outras que queran estalo e replicarase á súa vez en dúas sesións para facilitar a asistencia:

  • A primeira delas terá lugar o vindero 8 de xullo ás 18.30h na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo (A Braña, s/n. Vimianzo).
  • A segunda será o vindeiro 15 de xullo, tamén ás 18.30h no centro cultural Fórum Carballo (Pza. Bombeiros Voluntarios, s/n, A Milagrosa. – 15100 – Carballo)

Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a info@terratlantica.gal co título da formación e o nome da empresa no asunto e os datos da persoa interesada (nome completo/teléfono/correo-e) antes do vindeiro martes 6 de xullo ás 16h -no caso de asistir á primeira sesión- e do 13 de xullo á mesma hora-no caso de querer asistir á segunda-.

 

 

No Comments

Post A Comment