GDR Costa da Morte

O GDR Costa da Morte é unha asociación que ten como obxectivo poñer en valor a identidade do territorio que representa, incluíndo aspectos como a cultura, a natureza, o turismo e as propias marcas de produtos e servizos locais que fan desta área xeográfica un lugar con valores diferenciais.

 

A Asociación Costa da Morte – GDR impulsa a creación dunha marca territorio que reforce e poña en valor o traballo que veñen desenvolvendo moitas institucións, entidades e empresas da zona, ben na prestación de servizos, na elaboración de produtos, ou en xeral, na defensa dos intereses da contorna.

O obxectivo do GDR é poñer en valor o traballo de moitas institucións a través do impulso dunha marca territorio
gdr costa da morte logo web

O GDR Costa da Morte está composto por 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Cada concello aporta un gran valor á iniciativa, desde recursos naturais, económicos, turísticos, culturais, gastronómicos ou patrimoniais, ata iniciativas pioneiras e emprendementos únicos. O aproveitamento e a divulgación destes bens promoven o desenvolvemento no seu conxunto.