
19 Out Granxa Moreira: o leite de toda a vida
Se botabas de menos o sabor do leite de verdade, o da toda a vida, esta nova adhesión a Terra Atlántica hache gustar. Trátase de Granxa Moreira, unha empresa familiar que leva máis de corenta anos producindo leite 100% natural, sen conservantes. E todo isto con total garantía de calidade: no seu proceso de envasado, o leite acabado de muxir arrefríase a 3º, para despois ser pasteurizada a unha temperatura de 75º e volver a arrefriarse a 3º, nuns procesos que se realizan con maquinaria da máis avanzada tecnoloxía. Ademais, a alimentación das súas vacas é a base de forraxes producidos na propia explotación, aos que suman cereais e sementes de liño para enriquecer o leite en graxas de omega 3 natural.
José Manuel Rial cóntanos que non deixan de innovar tampouco na forma en que o seu produto chega aos consumidores: por unha banda, hai sete anos decidiron pasarse á venda directa, e, por outra, dentro de pouco xa non venderán só “leite fresco pasteurizado, senón tamén iogur”, ampliando así a súa oferta.
Dende Muxía explícanos que, para eles, a Costa da Morte “implica tanto calidade ambiental como seguir a faceta familiar da zona”. Decidiron adherirse á marca polo seu compromiso co territorio e porque queren integrarse con outras empresas que, coma Granxa Moreira, se diferencien por ofrecer produtos e servizos de verdadeira calidade. Esa é a idea, sigamos traballando para logralo!
No Comments