Hotel Playa de Laxe

Hotel Playa de Laxe: Unha habitación a 20 pasos da praia

Chegas á Costa da Morte e queres praia? Temos a solución: Hotel Playa de Laxe. Situado a 20 pasos do areal de Laxe, ademais de permitirte gozar de días de baños e sol, o doce son das ondas poderá arrolarte mentres dormes.

Silvia Bouzas cóntanos que o establecemento hoteleiro é unha empresa familiar que está localizada no centro no que foi declarado en 2008 concello turístico galego. Unha vila típica mariñeira desta Costa, cunha das praias máis belas e extensas do litoral. Trataron de que o seu hotel se beneficiase desta contorna, cun enclave que ofrece a partes iguais achegarse cun breve paseo tanto ao centro da vila como ao mar e que, en opinión dos seus clientes, posúe unha excelente relación calidade-prezo, cun servizo de catro estrelas estando clasificado como tres. Ao longo do ano poñen a disposición dos seus hóspedes ofertas de distintos tipos e as súas 30 habitacións están abertas tamén en temporada baixa, cunhas tarifas aínda máis beneficiosas.

Dende Playa de Laxe consideran que “a Costa da Morte é a marca que podemos e debemos destacar, canto máis forte sexa a nosa marca, máis peso poderemos ter no mercado”. Contan, ademais, que decidiron unirse a Terra Atlántica porque “é un proxecto unificador de todos os sectores e de potenciación da Costa da Morte”, do que agardan que “destaque as valías dos nosos produtos”. Imos traballar para conseguilo!

No Comments

Post A Comment