
Os I Premios Costa da Morte Terra Atlántica nacen co obxectivo de recoñecer e dar visibilidade ás empresas adheridas á marca que destacan polo seu compromiso co territorio, a innovación, a sostibilidade e a promoción da identidade da Costa da Morte.
A través destes galardóns, o GDR Costa da Morte busca poñer en valor aqueles proxectos empresariais que contribúen ao desenvolvemento económico e social da comarca, reforzando os valores da marca Costa da Morte Terra Atlántica.
As candidaturas poderán presentarse ata o 14 de xullo de 2026 nas categorías de Turismo, Agroalimentación, Cultura/Artesanía e Industria/Servizos.
Consulta e descarga as bases completas da convocatoria no seguinte documento.