5 cousas que non podes deixar de facer na Costa da Morte

Que é o primeiro que se che pasa pola cabeza cando procuras un novo destino para gozar o teu tempo libre? Que aspectos dun territorio ou cultura consideras que son máis importantes explorar nun primeiro contacto? Seguramente dependerá de cada persoa e de cada destino.

No caso da Costa da Morte, un dos espazos de maior beleza natural de Galicia e do mundo, hai moitas formas de facer esa primeira aproximación. Neste artigo, destacamos cinco cousas que non podes deixar de facer na túa visita.

-Comer: Sabor a mar, din que ten esta costa. Produtos da pesca e o marisqueo de alta calidade, con percebes considerados os mellores do mundo, ameixas e caldeiradas das que non deixarás resto, pero tamén carne, pan, patacas, froitas, hortalizas que saben a gloria.

-Mercar encaixe de Camariñas: Se a túa visita coincide coa Semana Santa, poderás ver a Mostra anual en todo o seu esplendor pero, se non é así, non deixes de visitar as tendas que ofrecen variedade de estilos e formas e, sobre todo, de ver traballar ás palilleiras!

-O Camiño dos Faros: Ruta de sendeirismo de 200 quilómetros que une Malpica con Finisterra, camiñando pola beira do mar. Un percorrido de que ten a costa como foco central e que pasa polos faros e principais puntos turísticos da zona.

-Escoitar as lendas: A forza do mar, onde remata a terra, onde o sol desaparece no Atlántico, os naufraxios, piratas, milagres… todos eses elementos configuraron unha serie de historias, das que moitas veces ninguén pode certificar a súa veracidade

-Empaparte de arquitectura e arqueoloxía: Dolmens, castros, castelos, hórreos, santuarios… Os restos máis antigos atopados datáronse no 1300 a.C., e dende entón a sucesión de habitantes da Costa de Morte deixaron a súa pegada en construcións incribles.

No Comments

Post A Comment