A marca

vacas rural galicia

GDR Costa da Morte

O GDR Costa da Morte, entidade impulsora de Terra Atlántica, é unha asociación que ten como obxectivo poñer en valor a identidade do territorio que representa, incluíndo aspectos como a cultura, a natureza, o turismo e as propias marcas de produtos e servizos locais que fan desta área xeográfica un lugar con valores diferenciais.

Orixe e obxectivos

En 2018 púxose en marcha esta iniciativa para impulsar a creación dunha marca territorio que consolidase e potenciase a identidade da Costa da Morte, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. O obxectivo que orientou a creación desta marca foi distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos ou servizos de empresas.

secaderos congrio muxia galicia
CDM terra atlantica significado marca

Identidade corporativa

Terra Atlántica ten unha marca clara e definida, que contribúe a proxectar unha imaxe de calidade da Costa da Morte e dos seus produtos e servizos. Unha marca que representa a súa identidade, que destaca os seus elementos máis representativos, e que é símbolo da súa bravura, da súa xente con carácter, da súa orografía, das súas cores. Unha marca que ademais serve para identificar a produtores e entidades locais, con campos de acción que van dende esta Terra Atlántica ata o mar.

Por que esta marca territorio?

Os territorios compiten inevitablemente para mellorar a vida dos seus habitantes, atraer turismo, compras, talento, residentes ou investimentos. Hoxe en día, converterse en marcas non é unha opción, senón case unha condición necesaria e ineludible para poder progresar e situarse nunha posición preferente. Unha reputación positiva abre portas e trae asociados beneficios e vantaxes.

solpor fisterra galicia
terra atlantica regulamento uso marca

Uso da marca

Costa da Morte Terra Atlántica pon a disposición das empresas e entidades asociadas e interasadas en adherirse o documento co Regulamento de uso da marca, así como a solicitude que se debe cumprimentar para recibir a autorización para o seu uso.

Protocolo de colaboración

Terra Atlántica procura reforzar a promoción comercial das empresas adheridas á marca a través da publicidade e promoción, de apoio a vendas e de representación exclusiva. É por isto, que se trata de buscar diferentes solucións de cooperación para a comercialización e distribución. Neste protocolo identifícanse os eidos de colaboración.

terra atlantica protocolo de colaboracion
Terra Atlantica folleto corporativo

Folleto corporativo

Terra Atlántica é a marca que achega valor á Costa da Morte. Coñece a través deste folleto os seus principais eixos de actuación, os concellos nos que opera e as empresas que xa están adheridas á marca.

Experiencias inspiradoras

Costa da Morte Terra Atlántica seleccionou casos de éxito de experiencias inspiradoras para a marca. As empresas asociadas puideron descubrir exemplos de xeodestinos como o Xeoparque da Costa Vasca, declarado Xeoparque Mundial da UNESCO en 2015, ou as marcas territorio implantadas pola Bretaña francesa e Nova Zelanda, que contan cunha activa participación empresarial.

Terra Atlantica Experiencias Inspiradoras Bretana Nova Zelanda