hostelfrio camarinas

Martínez y Villar: o frío como especialidade

En Martínez y Villar son especialistas en frío: non en van a súa marca insignia leva o nome Hostelfrío. A empresa dedícase á venta e reparación de maquinaria industrial de alimentación, hostalaría e frío industrial. A súa actividade tamén abarca o frío marítimo e o mantemento de confrarías, fábricas de xeo, etc., e actualmente xestionan tamén unha representación de produtos químicos de limpeza e celulosa.

hostelfrio industrialDarío Martínez cóntanos que comezou como autónomo en Camariñas no 2004, continuando ata o ano 2013, no que formou a sociedade Martínez y Villar S.C. coa súa muller, Beatriz Villar. En 2015 construíron a súa nave e instaláronse no Polígono de Vimianzo. Hoxe en día realizan todos os traballos relacionados con instalacións de aire acondicionado e climatización, frío industrial e hostalaría: deseño, execución e mantemento. Ademais, desenvolven proxectos a medida de mobiliario, frigoríficos, cámaras e toda a instalación necesaria para establecementos hostaleiros, alimentación, bodegas, barcos e maquinaria para lavanderías. Para completar os seus servizos, distribúen produtos químicos e celulosas para limpeza, así como outros complementarios, como dispensadores.

En Martínez y Villar teñen como filosofía conseguir a confianza e a satisfacción dos seus clientes, velando sempre por darlles un servizo completo e de calidade, cun equipo altamente cualificado e un enfoque innovador para executar os proxectos. Esas mesmas aspiracións leváronnos a unirse a Terra Atlántica, querendo contribuír porque “nos consideramos unha empresa con coñecementos e prestamos un bo servizo na comarca”. Por suposto, benvidos!

No Comments

Post A Comment