18 Dec Nova edición das romarías a través da gastronomía!
Presentamos un novo documento que recolle a iniciativa de Costa da Morte, Terra Atlántica para a promoción do produto local, a artesanía e as tradicións a través das Romarías da Costa da Morte.
Desta ocasión facemos un percorrido polos concellos da Costa da Morte, cunha fonda tradición e identidade que se expresa a través das súas festas comunitarias. Saber de aldea, a festa da familia, Santa Margarita, a festa do longueirón … e moitas outras! Son algunhas celebracións que quixemos poñer en valor a través das fermosísimas ilustracións de Clara Copena. Desta ocasión aliámonos co IES Ramón Caamaño a través da Escola de Cociña e Restauración para a proposta das receitas, que os animamos a probar en casa!
Podes descargar o documento premendo neste enlace.












No Comments