O Lar do Mar

O Lar do Mar: turismo rural sostible…no que se poden usar bitcoins

En Carnota existe un lar entrañable con historia e alma, un proxecto familiar que culminou coa recente e coidadosa rehabilitación de dúas antigas casas de pedra de principios do século XIX: O Lar do Mar. José Manuel Sieira e a súa familia teñen como principios “o turismo rural sostible e de calidade, a apreciación da natureza, e a contribución respectuosa á conservación do noso patrimonio cultural e natural, incluíndo ás comunidades locais na súa planificación, desenvolvemento e benestar”.

O Lar do Mar CarnotaEste establecemento da Costa da Morte recentemente adherido a Terra Atlántica ofrece aos seus clientes 4 habitacións dobres e unha suite, nun conxunto arquitectónico catalogado como patrimonio histórico-artístico e cultural galego que integra dúas casas de pedra e un palleiro. Promovendo o entendemento medioambiental e o desenvolvemento rural, os materiais do fogar son naturais e tradicionais, mantendo a estrutura de construción de máis de 200 anos, coa súa lareira, o seu forno e a súa cociña con pía de pedra. Así mesmo, a casa rural está acreditada co máximo nivel de eficiencia enerxética “porque cremos nun consumo enerxético responsable e eficiente, nun fogar saudable que respecta a contorna”.

Pero ademais da tradición, O Lar do Mar tamén fomenta a innovación. Por ese motivo, a maiores doutros métodos habituais de pago, aceptan a moeda virtual Bitcoin. Para pagar con esta divisa non hai máis que seguir as instrucións da súa páxina web. Haberá que probar, logo!

1 Comment
  • Paisajismo
    Posted at 19:43h, 29 Marzo Responder

    Depois de um dia de trilhas a pe ou de bicicleta, voce pode relaxar no jardim ou no lounge compartilhado. Nuestra Casa rural en Carnota, te esta esperando. Entre la Ria de Muros y el Monte Pindo (Olimpo Celta de Galicia), donde la historia y la magia se dan la mano, descansa la playa de Carnota, una de las 100 mas bonitas del mundo. Aqui, mar y montana nos envuelven con la puesta de sol mas larga de Europa. Hemos rehabilitado una casa tradicional de piedra del s. XIX, catalogada por Patrimonio Cultural de Galicia, transformandola en una casa rural con un profundo caracter hogareno. Materiales naturales como la madera, piedra y forja aportan calidez, equilibrio y personalidad a nuestras 5 habitaciones y estancias principales: Casa Cruceiro, Casa Lareira y la habitacion especial del horno. Conscientes de la fragilidad de nuestro medio ambiente y lo importante que es protegerlo, nuestra Casa Rural esta acreditada con el Certificado A de Eficiencia energetica y cumple con la politica europea de emisiones de dioxido de carbono equivalente (COq)

Post A Comment