Aparicio, o oleiro da nosa empresa adherida Alfarería Aparicio, conta na Televisión de Galicia o seu proceso de traballo

Aparicio, o oleiro da nosa empresa adherida Alfarería Aparicio, conta na Televisión de Galicia o seu proceso de traballo

Onte emitiuse na Televisión de Galicia o programa “Cos pés na terra”no que Aparicio -da nosa empresa asociada Alfarería Aparicio- explica paso a paso o proceso de creación das súas pezas na súa tenda-taller de Buño.

Ben coñecida é a sona das pezas de cerámica de Buño, cimentada polo traballo de mulleres e homes como Aparicio, que levan esculpindo arxila nesta vila dende tempos inmemoriales.

O programa arranca con Aparicio levándonos ao Coto (ou Pozo) dos Barreiros de Buño, onde explica que cava todos os veráns un pozo de bo diámetro que lle permite extraer materia prima para a súa cerámica ao longo de todo o ano. Unha vez recollida a arxila, transpórtaa ao seu taller en Buño, onde clasifica os cachotes e os deixa nun lugar seco para que vaian perdendo humidade. Cóntanos Aparicio que, unha vez picado o barro, cómpre quitarlle o aire para que o barro xermole dun modo axeitado para esculpir despois as pezas. Unha vez ten o barro liberado de aire, xa pode comezar o proceso de modelado da arxila.

Na peza podedes ver desglosado todo este proceso –pode verse o vídeo completo aquí-.

Para máis información, podedes acceder aquí a súa web, onde atoparás máis información e a súa tenda en liña.

No Comments

Post A Comment