Pastos de Enxilde

Pastos do Enxilde: Carne sen estrés, unha volta ás maneiras de facer de antes

Terra Atlántica ten oficialmente empresas adheridas e non queremos agardar máis para comezar a presentalas. Esta páxina web é a casa desas empresas e este blog o lugar no que as iremos dando a coñecer, como primeiro chanzo. Así, pasamos xa a falar da primeira:

Trátase de Pastos do Enxilde, produtora e comercializadora de carnes e elaborados de porco celta e tenreira galega suprema, criados en silvopastoreo nos pastos do Lugar de Enxilde, no Concello de Mazaricos. César Pérez está á fronte desta empresa que naceu hai un ano, froito da ilusión dun matrimonio de gandeiros máis un veterinario, coa idea de poñer no mercado produtos do país sans e saudables. Dende entón, a súa carne procede de razas autóctonas galegas, criadas lonxe o estrés e dos antibióticos. Como eles mesmos din, trátase de “carne producida a base dos pastos regadas polas borrascas atlánticas da Costa da Morte, transformando o verde galego en proteínas e graxas saudables cun alto contido en oleico”.

En Enxilde fan da súa filosofía unha volta ás maneiras de facer de antes, para escapar da produción industrial. A Costa da Morte, para esta empresa arraigada na terra, é a vida e o lugar onde queren que vivan os seus fillos. Por iso, consideraron importante unirse a una Terra Atlántica, unha marca que queren converter nun distintivo diferenciador de proxectos serios e de calidade.

No Comments

Post A Comment