03 Mai 9 de maio | Xornada Informativa Costa da Morte – Terra Atlántica
A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá o próximo xoves, 9 de maio, unha xornada informativa sobre a marca territorio «Costa da Morte. Terra Atlántica», que dará comezo ás 19:00h. A xornada está dirixida a entidades, institucións e empresas da zona e ten por obxectivo proporcionar información sobre a adhesión á marca, os seus beneficios, e os plans cos que se conta para xestionala e promocionala.
Impulsada polo GDR Costa da Morte, esta iniciativa para a creación dunha marca territorio busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos ou servizos de empresas da Costa da Morte. Esta xornada é a culminación do traballo que se vén realizando desde 2018, e pon o inicio a unha serie de actividades que se van desenvolver no resto do ano, cun acto central de presentación pública da marca que terá lugar a comezos de outono.
No Comments