gabenlle costa da morte terra atlantica

Aprobadas oficialmente as primeiras adhesións a Terra Atlántica

Dende onte á tarde, Terra Atlántica ten oficialmente empresas adheridas. Dáse outro paso así no proceso de construción dunha gran marca territorio que dea á Costa da Morte a visibilidade e o lugar que merece.

Nunha reunión da Comisión de Control e Xestión da Marca, formada por membros da Xunta Directiva da ACM GDR, estudáronse as solicitudes recibidas e deuse luz verde para pasar a formar parte de Terra Atlántica a 19 empresas en total, aínda que se agarda que nas próximas semanas poida incrementarse o número de entidades adheridas, tendo en conta que hai xa solicitudes presentadas á espera de completar a documentación necesaria.

As empresas que dende agora poden autodenominarse Terra Atlántica proceden de sectores tan diversos como turismo, alimentación e bebidas, enerxía, gandería, horta, minerais, restauración, inmobiliario, aventura ou fabricación, o que é boa mostra da variedade, fortaleza e calidade do tecido empresarial da Costa da Morte. O primeiro taboleiro de honra fórmano as seguintes entidades (por orde alfabética):

A Casa do Peixe

Adventurézaro

Ar de Arte 

A Torre de Laxe

Bŕetema, auga de mar

Campamento Corzón

Caolines de Vimianzo, Cavisa

Casa de Verdes

Cocinas Jocar

Ecogas Norte

Elías Inmobiliaria

Gandería Doreiro

Granxa Moreira

Hotel Playa de Laxe

– Panadería Jurjo

Pan Ignacio

Pastos do Enxilde

– Ramisquido

Stoupa

Impulsada polo GDR Costa da Morte, esta iniciativa para a creación dunha marca territorio busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Terra Atlántica pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos e servizos de empresas da Costa da Morte.

3 Comments

Post A Comment