Propetan

Propetan: a importancia da materia prima

Unha canteira en Carnota é a orixe da actividade de Propetan. Dela extraen granito silvestre, excelente materia prima para construción tanto en interiores como exteriores, ao que ademais eles mesmos lle dan forma, creando múltiples pezas.

propetan carnotaJosé María Sande cóntanos que todo comezou en 1989, cando veu a luz esta empresa familiar. A partir de aí, a procura de actividades adaptadas ás demandas dos clientes levounos a converterse no que é hoxe: unha compañía sólida, centrada nun material sólido. Propetan está adicada á extracción e elaboración de granito ornamental. Dende a obtención de bloques na súa canteira, ata a forma final de cada peza, preocúpanse pola calidade dende a orixe ata a súa colocación. O seu material utilízase en fachadas de vivendas, peches de fincas, muros de contención, mampostería, balaustradas ou chapados. A achega da súa experiencia ao longo destes anos, así como a súa atención ao servizo e o coidado da súa materia prima, foinos consolidando no sector e constitúe o seu aval para ofrecer o mellor resultado.

A súa vinculación coa Costa da Morte vén tanto pola localización da súa canteira, como polo seu sentimento de pertenza: que a súa pedra proceda da zona é motivo de orgullo. José María explica que decidiron unirse a Terra Atlántica “por colaborar coa asociación e porque, cantos mais sexamos, mais iniciativas poden xurdir”. Gustaríalles que se converta nunha marca con visibilidade e ser coñecidos tamén por ela, que ben o merecen.

No Comments

Post A Comment