29 Out Savelo recibe o Premio Nacional en Ovinnova 2025
Zamora acollía a semana pasada o encontro Ovinnova, terceira edición dun espazo de encontro fundamental sobre gandería ovina de carne e leite. Nesta ocasión tratáronse temas de actualidade e interese do sector, como a profesionalización e concentración da produción mediante o asociacionismo, a comercialización conxunta, a modernización e innovación, ou a produción de calidade e apertura a novos mercados.
Savelo dedícase á fabricación de produtos de limpeza e desinfección de gran calidade e rendemento para diversos sectores, levando a cabo unha importante labor de investigación de novos produtos. Nesta ocasión, a empresa Savelo obtén o recoñecemento do Premio Nacional en innovación en sanidade e reprodución ovina, sendo o segundo ano consecutivo en recibir o galardón.
No Comments