costa da morte terra atlantica credencial empresa adherida

Terra Atlántica xa é unha realidade!

A marca territorio da Costa da Morte está tomando forma a través dunha comunidade de empresas adheridas que está en continuo crecemento.

O próximo xoves 19 de setembro, ás 19:00h, no Pazo Torres do Allo (Lugar do Allo, nº1. 15851. O Allo, Baio – Zas) celebraremos un acto ao que queremos convidalo. Nel proporcionarase información sobre a adhesión á marca, os seus beneficios, e as accións que se están levando a cabo para xestionala e promocionala. Ademais, as empresas que xa forman parte de Terra Atlántica asinarán oficialmente as súas credenciais e recibirán a documentación acreditativa.

Estaremos encantados de contar coa súa presenza. Pregamos confirmación de asistencia no correo gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou no teléfono 981 71 73 58.

 

terra atlantica imaxe acto entrega creenciais

No Comments

Post A Comment