03 Ago Bretaña, Nova Zelanda e o Xeoparque da Costa Vasca, experiencias inspiradoras para Terra Atlántica
Nunha xornada celebrada o pasado 30 de xullo, a marca Costa da Morte Terra Atlántica presentou, no Centro Sociocultural de Baio, casos de éxito de experiencias inspiradoras para a marca. As empresas asociadas puideron descubrir exemplos de xeodestinos como o Xeoparque da Costa Vasca, declarado Xeoparque Mundial da UNESCO en 2015, ou as marcas territorio implantadas pola Bretaña francesa e Nova Zelanda, que contan cunha activa participación empresarial.
A continuación, podes acceder ás presentacións realizadas:
- Presentación do Xeoparque da Costa Vasca (Versión PDF) (Versión interactiva Slides)
- Presentación Bretaña e Nova Zelanda (Versión PDF) (Versión interactiva Slides)
No Comments