
17 Out Presentación de Terra Atlántica no Faro Vilán de Camariñas
A marca territorio da Costa da Morte – Terra Atlántica xa conta coa adhesión de decenas da empresa procedentes desta área xeográfica de Galicia e sigue medrando. Chegou o momento de presentar a marca oficialmente, e para iso está previsto un acto de presentación no que a contorna abrirá simbolicamente a porta de cara ao exterior.
Será o próximo xoves 24 de novembro, ás 12:00h, no Faro Vilán de Camariñas. Neste acto proporcionarase información sobre a adhesión á marca, os seus beneficios, e as accións que se están levando a cabo para xestionala e promocionala. Ademais, tamén se informará das empresas que xa participan e gozan das vantaxes da marca.
Estaremos encantados de contar coa súa presenza. Pregamos confirmación de asistencia no seguinte vínculo.
No Comments