01 Mai Nace unha nova marca territorio: Costa da Morte – Terra Atlántica
A Costa da Morte ten luz
A Costa da Morte ten mar
A Costa da Morte ten forza
A Costa da Morte ten paisaxe
A Costa da Morte ten carácter
A Costa da Morte ten patrimonio
E a Costa da Morte, dende agora, ten a súa propia marca: TERRA ATLÁNTICA
Unha marca que abranguerá esa luz, ese mar, esa forza, esa paisaxe, ese carácter, ese patrimonio, pero tamén os produtos, os servizos, as empresas, a calidade, o talento... dunha terra que vive na enerxía das ondas e na firmeza do chan, da que xorde unha marca que identifica, ademais das persoas que a habitan e a senten, ao abano de produtores, provedores de servizos e entidades locais de sectores como agricultura, gandaría, pesca, alimentación, industria, comunicación, hostalaría, restauración, turismo ou cultura.
Co obxectivo de visibilizar e promocionar as empresas, produtos e servizos da zona, conferir unha imaxe de calidade e achegar valor engadido, de xeito que contribúa ao seu progreso, o GDR Costa da Morte impulsa a creación dunha marca territorio, que verá a luz nas próximas semanas.
Estade atentos a esta web, iremos dando conta dos avances!
No Comments