Terra Atlántica organiza unha sesión coa marca de territorio Vega Baja del Segura para a posta en común de boas prácticas na xestión deste tipo de selos

Terra Atlántica organiza unha sesión coa marca de territorio Vega Baja del Segura para a posta en común de boas prácticas na xestión deste tipo de selos

Terra Atlántica, a marca de territorio da Costa da Morte organiza unha xornada de posta en común coa Marca de Territorio Vega Baixa del Segura, para a posta en común de boas prácticas na xestión deste tipo de selos.

Vega Baja del Segura

 

Vega Baja del Segura naceu o pasado mes de abril co obxectivo de apoiar a todos os sectores produtivos e servir de garantía de diferenciación respecto a outras zonas xeográficas, potenciando o desenvolvemento integral desta comarca situada ao sur da Comunidade Valenciana. Promovida por Convega (Consorcio para o Desenvolvemento Económico de la Vega Baixa) baseouse para a súa elaboración en criterios de gobernanza colaborativa, coa participación e o consenso de entidades e institucións públicas, o tecido empresarial e asociativo e a cidadanía da comarca de la Vega Baja del Segura.

Inscricións

A xornada promovida pola nosa marca de territorio contará coa participación de representantes da marca de territorio de la Vega Baja e terá lugar o vindeiro venres 5 de novembro ás 18 h no Bela Fisterra (Avda da Anchoa, 56. Fisterra). A inscrición é gratuíta e pode realizarse enviando un correo-e a info@terratlantica.gal co asunto “Inscrición Xornada Vega Baixa” ou no 685 72 20 84.

No Comments

Post A Comment