05 Set Saboreando Terra Atlántica
Realizouse un obradoiro de exposición de produtos e de cociña creativa poñendo en valor o produto de proximidade, baseado nunha dieta atlántica e saudable, combinando produtos do mar e do agro.
O menú elaborado no showcooking correu da man da escola de hostelería CIPF Paseo das Pontes (A Coruña), que elaborou unhas deliciosas creacións con produtos de proximidade das marcas que forman parte de Terra Atlántica Verxel Galego, La despensa de lujo, Granxa Moreira, Granxa Doreiro e Ramisquido.
Agardamos que desfrutárades deste encontro cheo de música, letras e gastronomía.
No Comments