18 Out Xornada de valoración e proposta de novas actividades baixo a marca Costa da Morte – Terra Atlántica
O luns 23 de outubro celebraremos unha xornada arredor da marca Costa da Morte – Terra Atlántica, no Centro Sociocultural de Baio ás 19.00h. O obxectivo desta xornada é o de valorar os resultados das actividades desenvoltas ao abeiro da marca, así como novas propostas de futuro que dinamicen ao territorio no eido económico e social.
Así mesmo, dende a Deputación Provincial da Coruña porase énfase na importancia de vincular a identidade propia co territorio.
Terra Atlántica Creativa: experiencias Costa da Morte é un proxecto promovido polo GDR Costa da Morte e conta co financiamento de FEADER, Xunta de Galicia, Mapa e Deputación Provincial da Coruña.
No Comments